Sunday 12 de May de 2024

O CEIP Juana de Vega de Nós terá patio cuberto


O proxecto de patio cuberto para o centro de educación infantil e primaria Juana de Vega de Nós será unha realidade proximamente.

Desde a inauguración do colexio público a ANPA e máis a dirección do CEIP Juana de Vega de Nós demandaron á Xunta de Galicia a realización das obras precisas para cubrir o patio para que os nenos e nenas poidan facer uso do mesmo durante os meses de inverno.

O proxecto elaborado pola Xunta foi xa presentado no Concello de Oleiros. Desta maneira respóndese a unha demanda histórica dos pais e nais e da dirección do centro escolar.